martes, 5 de octubre de 2010

Rammtein

Ramstein é unha banda alemana de Heavy formada en 1994, que consta de seis integrantes. A súa música é moi forte e cantan exclusivamente en alemán. Oseu maior éxito é Du Hast que tamén é a miña canción preferida, inda que aletra non sexa moi elaborada é un tema que me gusta. O seu cantante é tamén o compositor. Nos concertos, como o cantante está autorizado para usar pirotecnia, lanzan bengalas, lume etc. e fano mais impresionante. Aquí vos deixo a este grupo en directo, a ver que vos parece.

lunes, 4 de octubre de 2010

Daft Punk

Daft Punk é un grupo francés formado por dous compoñentes que sempre aparecen disfrazados cun traxe negro de robot para ocultar a súa identidade. Eles compoñen música electrónica, que consta de ir xuntando samplers ata formar a melodía. Para min son moi bos e encántame a súa música. O seu mellor álbum é, sen, duda o primeiro, titulado Homework. O meu single favorito é Da Funk, pola súa pegadiza e bonita melodía. En directo eles fan mezclas entre as súas cancións e quedan mellor as cancions. Aquí vos deixo un vídeo para que os vexades.